O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

O Concello saca a licitación o contrato do proxecto de renovación da cuberta actual do pavillón municipal Ezequiel Mosquera

| compartir:

O Concello vén de licitar o contrato do proxecto de renovación da cuberta actual do pavillón deportivo municipal Ezequiel Mosquera, situado na Ramallosa, por un importe de 171.348 euros. 

Esta actuación busca solucionar os actuais problemas que presenta a dita cuberta. Entre eles, o deterioro, descomposición e desprendementos puntuais do falso teito de fibra, así como a entrada de auga no pavillón, non soamente provocada pola falla de estanquediade na unión entre algúns paneis, senón tamén pola condensación.

Trátase dun procedemento aberto simplificado que será financiado con fondos do POS+ 2024 e para cal os interesados teñen ata o 11 de febreiro para presentar as súas ofertas. Toda a información deste proceso está na Plataforma de Contratación do Estado. 

foto