O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025 

O vindeiro 15 de decembro ábrese o prazo para anotarse no programa Envellecemento Activo 2026

| compartir:

O Concello de Teo informa das actividades e cursos de balde do Programa Envellecemento Activo 2026, pensado para a veciñanza maior do municipio. 

 

XESTIÓN DAS LISTAXES

DATA DE APERTURA: 15 de decembro de 2025

LUGAR INSCRICIÓN:

  • O 15 de decembro: no Auditorio Constante Liste. Este día só se inscribirá ás persoas que acudan de modo presencial, non se farán inscricións a través do teléfono. As persoas anotaranse segundo a súa orde de chegada.

  • A partir do 16 de decembro: as inscricións poden ser presenciais, no Departamento de Servizos Sociais, ou telefónicas no 981 809 707.

DATOS MÍNIMOS PARA A INSCRICIÓN: nome e apelidos, data de nacemento e teléfono de contacto.

CADA PERSOA SÓ PODE INSCRIBIR COMO MÁXIMO A 3 USUARIOS/AS.

As listaxes estarán vixentes durante todo o ano 2026.

 

CRITERIOS DE ADMISIÓN

Maiores de 60 anos ou persoas, que sen ter a idade, teñan unha discapacidade recoñecida polo menos do 33% que deberán acreditar documentalmente.

Teñen preferencia as persoas empadroadas no concello.

No caso da Ximnasia para persoas con enfermidades crónicas non é requisito ter 60 anos, pero si é imprescindible presentar un informe médico no que se recolla algunha patoloxía que impida e/ou dificulte a realización da ximnasia terapéutica.

Os interesados/as poden anotarse en todas as actividades que lle interesen.

Non poden anotarse nunha mesma actividade en lugares distintos, nin poden anotarse ao mesmo tempo en Ximnasia terapéutica e en Ximnasia para persoas con enfermidades crónicas.

Non existe reserva de praza dun ano para o seguinte.

 

CUSTO

Todas as actividades son gratuítas, agás Piscina que ten un custo mensual de 6 €.

cartel