O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Concello organiza “Teo Gaming”, un evento sobre a cultura dixital e tecnolóxica que se celebrará o vindeiro sábado, 31 de maio, no Auditorio Municipal.
O evento estará centrado no ocio dixital, tanto para xogadores profesionais como afeccionados, ademais de curiosos de todas as idades. Unha experiencia inclusiva e dinámica para todos os asistentes que poderán participar en torneos gratuítos, arcades, Retro Gaming e probar a realidade virtual.
Ademais, haberá unha zona de educación dixital baseada no Plan Dixital Familiar, aprobado pola Asociación Española de Pediatría, onde as familias e demais asistentes poderán coñecer o uso saudable das pantallas e dos contidos dixitais.
O obxectivo desta xornada é poñer no foco o deporte electrónico como ferramenta para unir xeracións, promovendo o ocio dixital como unha actividade sa e compartida.
Poderán participar dende todas as idades, aínda que está aconsellado para a rapazada de 12 anos en adiante. Haberá torneos de videoxogos: EA SPORTS FC 25, Mario Kart e Brawl Stars.