O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
A alcaldesa, Lucía Calvo de la Uz, entregou esta mañá os diplomas dunha nova edición do curso para maiores sobre iniciación a Internet e ao teléfono móbil, que nesta ocasión contou con 7 persoas de distintas parroquias de Teo. A formación foi de 20 horas en total.
Estes cursos están sendo moi demandados pola veciñanza, posto que aprenden coñecementos informáticos básicos para poder manexar o ordenador e o teléfono móbil. A alcaldesa felicitounos a todos pola súa asistencia e salientou que este tipo de cursos son unha forma lúdica e amena de socializar.
Así mesmo, Calvo de la Uz lembroulles que existe un segundo nivel, o de perfeccionamento, animando aos presentes para que sigan ampliando coñecementos nesta materia.
Esta formación, levada a cabo polo Departamento de Administración Electónica e Apoio Dixital, está pensada para persoas maiores de 60 anos empadroadas no Concello. A inscrición, tanto do curso básico como do de perfeccionamento, está sempre aberta, polo que as persoas interesadas en anotarse poden pasar polo Consistorio para cubrir a súa correspondente solicitude.