O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
A alcaldesa de Teo, Lucía Calvo de la Uz, recibiu no Concello a parte da Asociación Cultural Río Tella de Lucí co fin de coñecer de primeira man a I Ruta Cabalar da Santa Mariña, que se celebrará o sábado, 7 de xuño. Na xuntanza tamén estaba a concelleira de Cultura e Turismo, Margarita Rosende.
A saída será ás 16.00 horas desde o campo da Festa de Lucí, previa entrega de agasallos aos cabaleiros, e haberá parada con pinchos para os participantes. A xornada rematará cunha cea de confraternidade no Campo da Festa, a posterior foliada libre e unha actuación musical.
A alcaldesa felicitou aos membros da Asociación e puxo en valor o labor que realizan, organizando actividades ecuestres como esta que, ademais de promover a afición por esta modalidade deportiva, contribúen á dinamización social e á promoción turística da parroquia e do conxunto do municipio teense.