O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Presentación da I Ruta Cabalar organizada pola Comisión de Festas de San Cristovo de Reis, que terá lugar o vindeiro 3 de maio

| compartir:

A alcaldesa de Teo, Lucía Calvo de la Uz, e o presidente da Comisión de Festas de San Cristovo de Reis, Carlos Estévez, presentaron a I Ruta Cabalar que se celebrará o vindeiro sábado, 3 de maio. Na xuntanza tamén estaba a concelleira de Educación, María Vázquez, veciña desta parroquia teense. 

A saída será ás 16.00 horas desde o campo da Festa de Reis e haberá parada no Xirimbao con pinchos para os participantes. A xornada rematará cunha cea popular no pavillón do Centro Cultural de Reis, a cal estará amenizada por un grupo musical. 

A rexedora municipal puxo en valor esta iniciativa, que ademais se centra na figura do cabalo, un dos elementos e símbolos de Teo por excelencia, desenvolvendo unha actividade saudable nun entorno espectacular e potenciando os elementos arquitectónicos da zona de paso. Agradeceulle o seu compromiso coa veciñanza e desexoulles unha gran xornada.

 

foto