O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Presentación no Concello do novo Festival da Asociación A Ponte Vella

| compartir:

A alcaldesa, Lucía Calvo de la Uz, recibiu esta mañá a César Corbelle, tesoureiro da Asociación Cultural “A Ponte Vella”, para coñecer de primeira man o programa do novo festival, que se celebrará este domingo, 13 de abril, ás 18.00 horas no Centro Cultural, sito en Reis.

Ese día haberá actuación do grupo de baile e de pandereteiras. Como grupo convidado estará a Agrupación Folclórica Ximiela, de Louro, concello de Muros. Ademais, tamén haberá actuación da charanga para amenizar o resto da tarde. 

A alcaldesa puxo en valor o traballo desta directiva, que traballa arreo para enxalzar a cultura e o folclore de Teo. Neste senso, gabouse novamente do talento das distintas escolas culturais teenses, que dan mostra da súa calidade polo mundo adiante.

 

foto