O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Na aldea de Cachóns, situada na parroquia de Santa Baia de Oza, investíronse un total de 228.000 euros para adecuar e renovar as súas rúas interiores, a través do Plan único de concellos (POS+ 2022). Desta forma, mellorouse a seguridade, a accesibilidade e a comodidade dos veciños, que vían como as estradas estaban deterioradas polas inclemencias meteorolóxicas e o desgaste ocasionado polo tráfico de vehículos.
Tamén se completou a rede de saneamento na zona, dotando ás vivendas da infraestrutura necesaria para dispoñer de abastecemento de auga potable e a evacuación das augas pluviais e residuais, ademais de garantir o dito servizo nos solares vacantes de edificación.
Nesta actuación tamén se incluiu a instalación dunha rede de subministro totalmente soterrada de iluminación pública, mudando así as luminarias por toda a aldea. Por último, melloráronse os espazos públicos da aldea, reforzando lugares como a contorna do lavadoiro municipal e mellorando tamén os accesos a vehículos de emerxencia ao interior da aldea.