O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O concelleiro de Servizos Sociais e Relacións Veciñais, Juan Cerqueiro, e a alfabetizadora dixital do Concello, Silvia Casas, entregaron esta mañá os diplomas acreditativos do curso para maiores sobre perfeccionamento de Internet e teléfono móbil. Xa están rematadas catro edicións deste curso, o que evidencia a alta demanda deste tipo de formación entre as persoas maiores do municipio.
Nesta edición participaron un total de nove persoas, veciñas dos Tilos principalmente, que comezaron o curso o pasado 23 de setembro de 2024 e rematan hoxe a súa formación de 17 horas. Trátase da segunda parte dos cursos de iniciación á Internet e ao teléfono móbil, que permiten ampliar os coñecementos adquiridos na primeira fase.
Neste senso, cómpre recordar que a inscrición para os cursos de iniciación e perfeccionamento está aberta de forma permanente, polo que as persoas que se queiran anotar deben pasar polo Consistorio para cubrir a súa correspondente solicitude.