O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Rematada unha nova edición do curso para maiores sobre iniciación a Internet e ao teléfono móbil

| compartir:

A alcaldesa, Lucía Calvo de la Uz, acompañada polo concelleiro de Relacións Veciñais, Juan Cerqueiro, entregou esta mañá os diplomas dunha nova edición do curso para maiores sobre iniciación a Internet e ao teléfono móbil.

Así, dáse por rematada a dita formación, a cal beneficiou un total de oito veciños e veciñas de Teo. A formación está sendo moi demandada pola veciñanza co fin de poder adquirir coñecementos informáticos básicos e así poder manexar o ordenador e o teléfono móbil. Do mesmo xeito, tamén se están anotando moitas persoas que, unha vez finalizado este curso, queren seguir ampliando e reforzando coñecemento no curso de perfeccionamento, tamén impartido polo Concello.

Esta formación, levada a cabo polo Departamento de Administración Electónica e Apoio Dixital, está pensada para persoas maiores de 60 anos empadroadas no Concello. A inscrición, tanto do curso básico como do de perfeccionamento, está sempre aberta, polo que as persoas interesadas en anotarse poden pasar polo Consistorio para cubrir a súa correspondente solicitude.

foto