O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Concello de Teo acollerá do 17 de xaneiro ao 7 de febreiro a exposición de arte Flectoralia, do galego Juan Perrisco. A inauguración desta exposición será o vindeiro venres, 17 de xaneiro, ás 19.30 horas no Auditorio Municipal e permanecerá alí ata o 7 de febreiro. O acceso será gratuíto para que a veciñanza poida desfrutar destas obras.
A exposición estará formada por un total de 24 pezas, onde cada unha das obras contará unha historia única de cambio e revelación. Esta exposición invitará ao público a explorar e reflexionar sobre os momentos cruciais que conforman a vida, afondando sobre a capacidade do ser humano para integrarse e transformarse na sociedade.
Este artista galego levou a súa obra por todo o territorio nacional con exposicións individuais e colectivas, expoñendo tamén en países como Estados Unidos, Reino Unido, Portugal e Polonia. A súa obra é diversa e ambigua, con referencias a movementos de vangarda e xogando con recursos do surrealismo.
Clases de pintura de balde
Ademais, o artista ofrecerá clases de pintura de balde para a veciñanza de Teo. Serán un total de tres xornadas (18 e 25 de xaneiro e 1 de febreiro) en horario de 11.00 a 13.00 horas no local do obradoiro de artes plásticas de Tras do Eixo, en Cacheiras.
Para poder participar, o vindeiro luns abrirase o prazo para anotarse como actividade do Concello. Os interesados poderán inscribirse na propia páxina web do Concello. A capacidade será de 15 persoas, que deberán asistir aos tres días de clase.