O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025 

Visita do Presidente da Federación Galega de Fútbol a Teo

| compartir:

A alcaldesa, Lucía Calvo de la Uz, mantivo esta semana unha xuntanza institucional co presidente da Federación Galega de Fútbol, Pablo Prieto, quen mostrou interese por coñecer o talento deportivo do municipio teense. 

Así, na xuntanza, na que tamén participou o director xeral na Real Federación Galega de Fútbol, Carmelo Galiñanes, abordáronse distintos asuntos de relevancia para ambas institucións en materia deportiva. Ademais, conversaron sobre a historia dos equipos de Teo e o pulo acadado nos últimos anos, destacando o recente ascenso da SD Cacheiras á Primeira Futgal, que se une á mesma categoría que o Praíña SC e a SR San Xoán de Calo; mentres que o Recesende e o Rarís permanecen na 3ª Futgal. Un total de cinco equipos federados que poñen de manifesto a importancia deste deporte no concello. 

Tamén abordaron o duro traballo dos clubs para mellorar as canteiras e seguir inculcando os valores de respeto, constancia e compañerismo entre a rapazada das categrías base. Neste senso, puxeron tamén en valor o compromiso de grandes clubs galegos por fomentar actividades complementarias nas instalacións municipais, ofertando novas opcións de formación para toda a cativada. 

foto