O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025 

Volve a campaña de apoio ao comercio local cos "Rasca e Gaña"

| compartir:

O Concello lanza outra edición da campaña de apoio ao comercio local, baixo o título "Rasca e Gaña no Nadal de Teo". Esta iniciativa arrinca o vindeiro xoves, 11 de decembro, e ata o 7 de xaneiro de 2026, en algo máis de 70 establecementos do municipio. 

Con esta iniciativa foméntase o consumo no comercio local durante o Nadal, promovendo a dinamización económica do municipio e recompensando á clientela. Así, os establecementos adheridos volverán a dispoñer de 500 boletos “rasca e gaña”, dos que un estará premiado cunha cesta de Nadal con produtos de alimentación, achegada polo Goberno local. 

A listaxe dos establecementos participantes vai dende tendas de alimentación, florarías, mercerías, clínicas, servizos e produtos do fogar, estancos e lotarías, fotografía e instrumentos musicais, xardinaría e produtos agrícolas, ópticas, salóns de peiteado e estética ou librarías e material didáctico. Desta forma, chégase a todos os tipos de establecementos que hai en Teo, poñendo en valor -unha vez máis- a diversidade de negocios existentes no municipio e deixando claro que en Teo temos de todo para poder mercar os agasallos deste Nadal.

cartel

Arquivos descargables

Attachment Size
ListaEstablecementos_NadalTeo_2025.pdf 582.27 KB