O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
A alcaldesa, Lucía Calvo de la Uz, acompañada polo concelleiro de Deportes e Xuventude, Gelucho Gómez, o presidente do club ciclista Os do Monte Bravo, Toño Seoane, e o tesoureiro, Manuel Monteagudo, presentou esta mañá a X Ruta BTT “OS DO MONTE BRAVO” 2025 , que sairá o vindeiro domingo 26 de xaneiro ás 9.30 horas desde o pavillón deportivo municipal de Calo. A concentración e entrega de dorsais terá lugar a partir das 8:00 horas dese mesmo día.
O percorrido da ruta BTT constará de 43 quilómetros que transcorrerán, na súa maior parte, por camiños rurais e forestais do concello de Teo. Esta proba, cuxa inscrición é de 18 euros, é de carácter non competitiva e non federada, pero existirá un control de tempos mediante chip para cada participante. Ademais, co fin de minimizar o impacto no monte, o percorrido estará dispoñible en formato GPS para que tamén poidan desfrutar dos encantos que ofrece esta ruta.
Poderán participar na ruta BTT todas as persoas que realicen axeitadamente o proceso de inscrición na páxina web de Galitiming, estando limitada a 400 participantes. Ademais, os menores de idade deberán traer unha declaración xurada firmada por parte do pai, nai ou titor que poderán descargar tamén dende esa mesma páxina web. O prazo de inscrición finaliza este domingo, 19 de xaneiro ás 23:59 horas.
A inscrición dará dereito á participación na proba e incluirá un pequeno almorzo e os avituallamentos (bebida, froita, bolería, etc.) nos quilómetros 15 e 22, dorsal personalizado da proba, servizo de lavado de bicicletas, duchas, servizo de ambulancia, seguro R.C. e de accidentes e un pincho ao rematar a proba.
Ademais, ao igual que en edicións pasadas, para os máis cativos haberá unha xincana no pavillón durante a mañá que será de balde para todos os participantes.