O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
A alcaldesa, Lucía Calvo de la Uz, recibiu hoxe ao atleta Daniel Maneiro Teira, veciño de Teo que adestra no Club Atletismo do Pino, e que se acaba de proclamar campión galego Sub 20 de 5.000 metros ao aire libre no Campionato Xunta de Galicia “Memorial Alejandro Gómez”, celebrado o pasado 5 de abril na localidade de Cervo.
A rexedora recibiuno na Alcaldía para coñecer en persoa a súa carreira deportiva, pois trátase dun atleta especializado en probas de medio fondo e fondo, cunha progresión moi destacada nos últimos tempos. De feito, ademais deste título, tamén destaca o seu terceiro posto no campionato Xunta de Galicia de 5 km en ruta Sub 20, celebrado en Oroso; ou o segundo posto na carreira de 5 km “10.000 Peregrinos”, celebrado en Santiago de Compostela. Tamén foi subcampión galego por equipos no campionato Xunta de Galicia de campo a través e campión galego de 3.000 obstáculos no XXXVII campionato Xunta de Galicia Sub 20.
Durante a recepción, onde tamén estiveron os concelleiros de Deportes e Xuventude, Gelucho Gómez, e de Relacións Veciñais, Juan Cerqueiro, a alcaldesa tamén se interesou polos seus intereses e soños deportivos, animándoo a seguir traballando duro para seguir destacando no mundo do atletismo. Un deporte onde a resistencia, a constancia e o traballo duro son imprescindibles.