O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
A alcaldesa, Lucía Calvo de la Uz, acompañada do concelleiro de Deportes e Xuventude, Gelucho Gómez, recibiu hoxe á recente campioa de España Absoluta de Karate en kumite sénior femenino de menos de 55 kilos, Ruth Lorenzo Couso. Un novo título que se suma á súa colección e que a sitúa como a primeira muller galega en conseguir este título.
A rexedora quixo felicitala en persoa e coñecer as súas impresións neste campionato estatal, celebrado en Pontevedra, que a consolida como unhas das mellores da súa especialidade. Ademais de destacar outros logros, a alcaldesa tamén puxo en valor a súa faceta como seleccionadora e entrenadora, así como a súa defensa pola igualdade no deporte.
Cabe lembrar que Ruth Lorenzo é a actual número 1 do Rankin Nacional Absoluto da Real Federación Española de Karate en kumite sénior femenino -55 kg e número 51 do Rankin Internacional da World Karate Federation, tamén en kumite sénior feminino -55. Ademais de gañadora de numerosos premios no Campionato de España Sénior, no Campionato de España de Clubs, no Campionato de España Universitario, no Campionato Iberoamericano, na Premier League de Rabat. Tamén foi bronce no Trofeo de Pesos Olímpicos ao participar coa selección española e prata no Trofeo Princesa de Asturias.
Como ben dixo a rexedora local, “talento en estado puro”, froito do traballo, da constancia e dedicación. Unha deportista de calidade que foi galardoada tamén na I Gala do Deporte Teense como mellor deportista feminina do Concello de Teo no ano 2025.