O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Esta tarde celébrase o Pleno Ordinario de abril do Concello de Teo

| compartir:

Este mércores, día 29, o Concello de Teo celebra o Pleno Ordinario correspondente ao mes de abril. O horario será ás 20:00 horas no salón de plenos.

O pleno será emitido en directo a través da canle de YouTube do Concello de Teo (esta é a ligazón directa: preme aquí).

A orde do día é a seguinte:

1.- DACIÓN DE CONTA DAS RESOLUCIÓNS DA ALCALDÍA, DENDE O 20/03/2026 AO 23/04/2026 (DA RES 351/26, DO 20/03/2026 Á RES 492/26, DO 23/04/2026).

2.- DACIÓN DE CONTA RESULTADO LIQUIDACIÓN 2025.

3.- APROBACIÓN DE EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS 01/2026.

4.- NOMEAMENTO DE FILLOS ADOPTIVOS E MENCIÓN DE HONRA, DO CONCELLO DE TEO.

5.- APROBACIÓN DEFINITIVA DO PLAN ESPECIAL DE INFRAESTRUTURAS E DOTACIÓNS SXS1 CENTRO DE SAÚDE. EXPEDIENTE 2023/U035/000001.

6.- MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL BNG “EN RELACIÓN Á DEFENSA DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES GALEGOS E CONTRA A CRIMINALIZACIÓN DAS BAIXAS LABORAIS POR PARTE DO GOBERNO DA XUNTA DE GALIZA”.

7.- MOCIÓNS.

8.- ROGOS E PREGUNTAS.

FOTO