O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

O Concello e a Asociación galega de familias acolledoras ACOUGO programan unha charla informativa en Oza

| compartir:

O Concello e a Asociación galega de familias acolledoras – ACOUGO programan unha charla informativa para o vindeiro martes, 14 de abril, ás 17:30 horas na Casa Común de Oza. Esta charla está orientada a dar a coñecer o acollemento familiar e implicar a toda a comunidade no fortalecemento da protección á infancia e á adolescencia no concello.

Estará impartida por profesionais expertas en intervención e acollemento familiar, conxuntamente cunha persoa acolledora con ampla experiencia neste ámbito, achegando unha visión profesional e vivencial sobre este recurso fundamental dentro do sistema de protección á infancia en Galicia.

Desta forma, os asistentes poderán coñecer que é o acollemento familiar, como se pode colaborar coa protección á infancia en Galicia e cales son os apoios e acompañamento que reciben as familias acolledoras, que son un axente de protección fundamental para garantirlle a todos os nenos e nenas a posibilidade de convivir en familia, un dereito fundamental que require do compromiso da sociedade.

Neste encontro presentarase un novo programa de protección innovador, dirixido a nenos e nenas menores de 6 anos que necesitan estabilizar a convivencia nunha familia, ofrecendo a posibilidade de converterse en familias que poidan ser un apoio temporal ou definitivo na vida desta rapazada.

A actividade contará con servizo de conciliación, co obxectivo de facilitar a participación das familias interesadas.


 

cartel