O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Concello acaba de licitar o contrato para a adecuación do local que albergará o futuro centro de día de Teo, situado en Montouto, por importe total de 646.736,4 euros. Os interesados teñen toda a información na Plataforma de Contratación do Sector Público, así como no perfil do contratante da páxina do Concello, e poderán presentar as ofertas ata o xoves 22 de xaneiro.
O edificio conta cunha superficie útil de 829,40 m², dos cales 532,62 m² se dedicarán ao centro de día e os 296,78 m² restantes reservaranse para unha posible ampliación futura. O deseño proposto para o futuro centro incorpora criterios de accesibilidade universal, confort térmico e acústico, eficiencia enerxética, seguridade contra incendios e sinalización cognitiva, conforme aos estándares esixidos para a súa acreditación como centro de servicios sociais. Así, ademais de adaptar o seu interior, tamén se procederá á urbanización da contorna do edificio, cunha dobre zona de aparcamento e de maniobra que permitirá o correcto desenvolvemento da actividade do centro.
No tocante ao deseño interior do edificio, este contará con dúas zonas diferenciadas: unha dedicada aos espazos de maior dinamismo e participación colectiva, como son a zona de actividades, a sala polivalente, o comedor e a cociña con office e almacén auxiliar; e a outra para os espazos máis funcionais, técnicos e de atención personalizada, tales como os despachos administrativos, a sala de atención social e enfermería, os vestiarios e aseos do persoal e o cuarto de instalacións.