O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O vindeiro luns, 1 de xuño, ábrese o prazo para anotarse nos campamentos de verán, que se celebrarán este ano na Residencia Los Lagos (Colexio Liceo La Paz) da Coruña. Así, os interesados teñen de prazo ata o luns, 15 de xuño, para inscribirse nos correspondentes campamentos: infantil ou xuvenil. Podedes consultar a continuación toda a información:
COTA DE INSCRICIÓN: 90 euros (Inclúe transporte de ida e volta).
Consultar exencións e bonificacións no BOP nº. 195, do 13/10/2011.
DOCUMENTACIÓN: ficha de inscrición. Pódese recoller no Departamento de Deportes do Concello ou na páxina web do Concello www.teo.gal
RESERVA DE PRAZA: no Rexistro Xeral do Concello (preferiblemente por Sede Electrónica), do luns 1 ao luns 15 de xuño ou en calquera dos lugares aos que fai referencia o artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas.
No caso de que as solicitudes se envíen por correo postal, deberá xustificarse co resgardo correspondente, a data de imposición do envío na oficina de Correos, e debe anunciarse ao Concello a remisión da solicitude por correo electrónico (deportes@teo.gal) no mesmo día. Sen a concorrencia de ambos requisitos non será admitida a solicitude de presentación.
LISTAXE DE PERSOAS ADMITIDAS*: estará exposta na páxina www.teo.gal a partir do día 17 de xuño.
No caso de que o número de solicitudes supere o total das prazas ofertadas celebrarase un sorteo público o xoves 18 de xuño ás 11.00 h na Casa do Concello e publicarase unha listaxe definitiva de persoas admitidas o día 19 de xuño. Terán preferencia as persoas empadroadas no concello de Teo.
Toda aquela persoa que desexe renunciar á súa praza deberá comunicalo o antes posible por rexistro ou por correo electrónico en deportes@teo.gal
*As listaxes publicaranse cas 4 últimas cifras do número de rexistro.
PAGAMENTO: Enviaremos o documento de pago a o correo electrónico de cada solicitante (nai/pai/representante) coas instrucións. Terase que facer o pago antes do día 26 de xuño.
Unha vez feito o pagamento soamente se devolverá o importe pagado nos casos que figuran no Artigo 6 da Ordenanza reguladora do prezo público por realización de actividades culturais e deportivas.
Artigo 6: Cando por causas non imputables o obrigado o pago do prezo, o servizo ou a actividade non se preste ou desenvolva, procederá a devolución do importe correspondente.
REUNIÓN INFORMATIVA: martes 30 de xuño ás 20.00 h no Auditorio Municipal da Ramallosa.
INFORMACIÓN: 881 974 802 (Deportes)
deportes@teo.gal
www.teo.gal
C A M P A M E N T O I N F A N T I L
DIRIXIDO A: persoas mozas nadas entre o 2014* e 2019 (terán preferencia as persoas empadroadas no
concello de Teo).
NÚMERO DE PRAZAS: 60
LUGAR: Residencia Los Lagos (Colexio Liceo La Paz) - A Coruña.
DATAS: do 6 ao 14 de agosto.
*Os participantes nados no ano 2014 poderán anotarse no campamento infantil ou no xuvenil (soamente nun dos dous).
C A M P A M E N T O X U V E N I L
DIRIXIDO A: persoas mozas nadas entre o 2009 e 2014* (terán preferencia as persoas empadroadas no
concello de Teo).
NÚMERO DE PRAZAS: 90
LUGAR: Residencia Los Lagos (Colexio Liceo La Paz) - A Coruña.
DATAS: do 27 de xullo ao 4 de agosto.
*Os participantes nados no ano 2014 poderán anotarse no campamento infantil ou no xuvenil (soamente nun dos dous).