O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
A Xunta de Galicia vén de rematar as obras de renovación da cuberta do Colexio Plurilingüe Os Tilos, en Teo, cun investimento de preto de 400.000 €.
A alcaldesa, Lucía Calvo de la Uz, acompañou ao conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, na súa visitou ao centro co fin de comprobar in situ o resultado destas obras, as cales incrementan a eficiencia enerxética e melloran o benestar diario da comunidade escolar. Así pois, esta actuación supón unha mellora do confort deste edificio que empregan cada día máis de 233 alumnos.
A obra no Colexio dos Tilos consistiu na substitución do material de cobertura da cuberta actual, formado por tella cerámica, por unha cuberta de panel sándwich e illamento sobre forxado de cuberta. En total, actuouse en preto de 2.100 m². Tamén se acometeu a substitución de lucernarios, a impermeabilización dos canlóns, a renovación de baixantes e canalóns e a impermeabilización dos petos perimetrais.