O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
LISTAXES DEFINITIVAS DAS ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS (cotexar co número de rexistro da inscrición).
Consulta aquí as listaxes definitivas.
• Se non lembrades o número de rexistro da solicitude poñédevos en contacto co Departamento de Deportes. deportes@teo.gal Tlno.: 881 974 802
• As actividades de rapaces-zas de BILLAR, HOCKEY, DEFENSA PERSOAL e RUGBY E FÚTBOL AMERICANO non tiveron o número suficiente de inscricións. As persoas que fixeron a inscrición nestas actividades pódense poñer en contacto co Departamento de Deportes para mirar a posibilidade de colocarse noutras actividades.
• Comprobade as listaxes e horarios definitivos das actividades, así como se teñen que facer probas de nivel ou pospoñer o pago ata a confirmación de grupos.
• As solicitudes de non empadroados no Concello nas actividades que cubriron prazas pasan a unha listaxe de agarda xunto coas feitas fóra de prazo para, unha vez pasado o período de pago da actividade, completar os grupos.
• Os números de rexistro que aparecen en negrita deben poñerse en contacto co departamento de deportes (Tlno.: 881 974 802 ) antes do inicio da actividade.
• As actividades comenzarán a partir do día 3 de outubro e finalizaran o 2 de xuño de 2023 e durante este tempo seguirase o calendario escolar do curso 2022/2023. Durante a primeira semana informarásevos da súa dinámica.
• O tempo das sesión estarán suxeitos as indicacións dos monitores para coordinar entrada e saída entre actividades e as necesidades específicas de cada unha, sendo o tempo mínimo de cada actividade 50 minutos. Non está permitida a presencia de acompañantes nas instalacións durante as mesmas.
Publicado en teo.gal o 29 de setembro de 2022.
RESULTADO SORTEO.
Publícase o resultado do sorteo público de prazas realizado o 19 de setembro ás 12:00 horas no salón de plenos.
Unha vez feito o sorteo nas actividades de Natación Luns e Pádel publicanse as listaxes de agarda co número de orde.
Consulta o resultado premendo aquí
Publicado en teo.gal o 19 de setembro de 2022.
LISTAXES PROVISONAIS DE PERSOAS ADMITIDAS NAS ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS
Consulta aquí as listaxes provisionais
Publicado en teo.gal o 15 de setembro de 2022.
INSCRICIÓN
Para o primeiro período do curso ou os tres períodos do curso completos realizarase do 1 ao 13 de setembro no Rexistro Xeral do Concello e terán preferencia os/as empadroados/as no Concello.
Para o segundo e terceiro período do curso abrirase un período de inscrición no caso de quedar vacantes na primeira quincena de xaneiro e na primeira quincena de marzo respectivamente.
Pódense consultar as listaxes a partir do 15 de setembro en www.teo.gal ou no Departamento de Deportes e nas súas redes sociais. No caso de haber máis solicitudes ca prazas haberá un sorteo público na Casa do Concello (a data do sorteo publicarase coas listaxes o día 15). As listaxes definitivas publicaranse o 29 de setembro.
NÚMERO DE PRAZAS
Faranse grupos en fución dos criterios dos monitores, do número de inscritos e das condicións do espazo.
PAGAMENTO DE ACTIVIDADES E ESCOLAS CULTURAIS
A efectividade da matrícula farase mediante o pago da taxa correspondente entre o 19 de e o 26 de setembro. O total do curso anual son 60€. Tamén se poden liquidar en tres pagos de 20€ cada un segundo o período de pago correspondente, pero neste caso é preciso inscribirse novamente, e iniciar un novo procedemento cada trimestre. Previamente enviarase por correo electrónico o documento de pago.
Consultar bonificacións no BOP núm. 195 do 13/10/2011 e no BOP núm. 12 do 20/01/2020. No caso de ter dereito á bonificación é obrigatorio presentar a documentación xustificativa no momento da inscrición.
DURACIÓN
Do 3 de outubro ao 2 de xuño.
DURANTE AS VACACIÓNS ESCOLARES NON HABERÁ ACTIVIDADES.
NOTA IMPORTANTE:
> Naquelas actividades onde haxa diferentes niveis, os/as monitores/as decidirán onde vai cada alumno/a no primeiro día de clase ou mediante proba de nivel que se fixará con antelación.
> O Concello de Teo poderá realizar as modificacións, tanto nas actividades programadas coma nos horarios e instalacións, que estime oportunas por necesidades de programación do
Concello.
Máis información no Departamento de Deportes, nas súas redes sociais e na páxina web www.teo.gal
Attachment | Size |
---|---|
listaxes priovisionais escolas deportivas municipais 2022-2023. 2 pdf.pdf | 101.76 KB |
Programa Deportes 22-23.pdf | 2.21 MB |
Folla inscrición DEPORTES 2020-2021_adultos.pdf | 1.56 MB |
Folla inscrición DEPORTES 2022-2023 rapaces.pdf | 1.12 MB |
sorteo listaxes agarda.pdf | 31.69 KB |
listaxe DEFINITIVA ACTIVIDADES DEPORTIVAS..pdf | 116.94 KB |