O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Subvencións a asociacións culturais sen ánimo de lucro

| compartir:

Inicio do prazo de presentación

Fin do prazo de presentación

As presentes bases teñen por finalidade regular a concesión de subvencións destinadas á organización, promoción, preparación de eventos e actividades no ano 2026, con cargo á partida 330/48001 do orzamento 2026 por un importe total de 35.000 euros.

Son obxectivos perseguidos polas axudas reguladas nestas bases a potenciación da cultura, a promoción da práctica cultural, a dinamización cultural no Concello de Teo, impulsando ademais deste xeito formas de ocio alternativo.

O prazo de presentación de solicitudes vai do 1 ao 19 de xuño, ambos incluidos. 

 

Publicado en teo.gal, o venres 29 de maio de 2026.