O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O FesTeo e a Feira da terra celébrase o 4 de xuño!
É unha xornada de festa e encontro no que se pon en valor o tecido asociativo e cultural do Concello. Haberá música, baile, deportes cultura urbana e teremos a presenza dos movementos sociais coa participación destacada das entidades teenses.
As actividades da Feira da Terra comezarán ás 12:00 horas e durante a mesma haberá postos de venda de artesanía, alimentación, obradoiros de artesanía en vivo, música tradicional e polbeiro.
A programación do Festeo comezará ás 17:00 horas.
Teremos actuacións dos grupos das asociacións culturais de Teo nos seguintes horarios:
Dende as 17:00 horas, noutro espazo haberá exhibición e obradoiro de freestyle football.
Ás 19.15 h. comezarán as exhibicións deportivas de kárate, judo, tiro con arco e aeromodelismo de clubes e asociacións de Teo.
Na carballeira tamén haberá mesas informativas da AECC, de Aspamite ou do Consello local da infancia e adolescencia de Teo que terán un mercadillo solidario para recadar fondos para Ucraína e darán a coñecer o Consello climático xuvenil que está traballando contra o cambio climático.
O concerto de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre pecha a xornada ás 20:30 horas. Este concerto será de balde e non é preciso inscrición previa.
Máis info en: https://www.teo.gal/gl/festeo