O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O programa das xornadas está dividido en catro módulos: Exploro, Eu Son, Emprendo e Teño axuda. O horario é de 09:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas tanto o xoves 15 coma o venres 16. Na mañán do xoves 15 presentarase un Safari de emprendemento no territorio; unha idea e caso práctico e pecharase cunha mesa de experiencias. Pola tarde falarase da empresa e dos novos medios, como desenvolver unha marca, a imaxe corporativa e o comercio electrónico e as redes sociais.
O venres 16 abordarase como realizar un plan de empresa, a constitución da empresa ou a actualización da mesma. No último módulo presentaranse as axudas para emprender centrado no financiamento e subvencións existentes para empresarios así como as axudas e emprendedores.
A coordinadora deste programa de formación é Rosa Leis, directora técnica de Adterra, que se encarga de elaboración proxectos e programas de desenvolvemento local ademais de ter experiencia en xestión de programas europeos.
Un dos elementos máis interesantes destas xornadas será a posibilidade de escoitar casos de éxito de emprendedores/as na mesa de experiencias. Achegarase a Teo Raquel Carregal, propietaria do albergue "Ultreia"; Lidia Rilo, propietaria dunha clínica de fisioterapia, Andrea González que elabora doces artesáns, David López, emprendedor no sector da horticultura ou Juan Carlos García, que se adica á produción e envasado de pataca baixo marca de calidade.
O xoves 15 comezará co Safari de emprego a cargo de Rocía Agra e Pilar Díaz, con experiencia en xestión de proxectos de desenvolvemento local e rural e experiencia en emprendemento. A continuación Ramón López Carnota, licenciado en ADE, diplomado en Ciencias Empresariais, e PDD polo IESE Business School presentará A idea, caso práctico.
Nos tempos actuais faise imprescindible ter coñecementos de comercio electrónico e redes sociais así como o mellor xeito de desenvolver unha marca. Desa parte encargarase Inma Carbia, mestra de márketing dixital e axente de desenvolvemento local do programa Equal para a Fundación Paidea.
Para a parte das axudas e do financiamento teremos entre outros a Isabel Covelo, licenciada en ADE e con experiencia en xestión de programas europeos; Marién Delgado, directora de SIC- Servicios de Innovación e Cooperación, Consultora en asuntos europeos ou Rogelio Maneiro, director dunha oficina de Caixa Rural.
A xornada "Emprende en Teo" é gratuíta para os/as participantes e está organizada polo Concello e financiada pola Deputación da Coruña.