O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O alcalde de Teo, Rafael Sisto, valora "moi positivamente a sentenza do xulgado contencioso/administrativo número 1 de Santiago na que se validan os criterios utilizados pola intervención municipal na liquidación do contrato de Aquagest". Esta primeira sentenza xudicial "deixa un saldo positivo a favor do Concello respecto da reclamación da antiga concesionaria e reforza a idea de que a decisión de realizar unha xestión directa do servizo de auga é positiva e máis rendible para o Concello ca concesión".
Unha vez declarada nula a prórroga do contrato de xestión da auga e saneamento con Aquagest que realizara o alcalde Armando Blanco uns días antes das eleccións municipais de 2007, a Intervención municipal realizou a proposta de liquidación do contrato que se concretaba na reclamación á empresa de 2.070.220,44€ por parte do Concello. Aquagest recorre esta liquidación pero o Pleno municipal do 24 de setembro de 2015 ratifícaa. Diante desta situación Viaqua (antiga Aquagest) presenta un recurso contencioso administrativo facendo unha reclamación económica ao Concello. A sentenza, que podes consultar premendo aquí, coñeceuse estes días.
Segundo explica o alcalde, Rafael Sisto, "a sentenza reafirma os criterios utilizados pola Intervención municipal para fixar o importe da liquidación e a necesidade de calcular de novo o importe das liquidacións que o Concello debía pagar cada trimestre a Aquagest a maiores do que a empresa recadaba cobrando os recibos dos abonados". Neste punto hai un feito destacable: a nulidade da prórroga do 2007 obriga a facer ese novo cálculo cos prezos iniciais do contrato de 1989 debidamente actualizados co IPC. Sisto engade que "este recálculo dos prezos das liquidacións reflicten un saldo moi favorable para o Concello como demostra o anexo que acompaña a liquidación realizada pola Intervención municipal".
A liquidación realizada pola Intervención municipal aséntase sobre as seguintes bases: as liquidacións corrixidas do 2001 ao 2014 que supoñen 2.263.631,70 € a favor do Concello; que Aquagest debe pagarlle ao Concello o que este pagou pola enerxía eléctrica: 762.246,10 €; que Aquagest debe aboar ao Concello o que este tivo que pagar a Espina & Delfín pola Xestión EDAR de Calo : 229.844,82 € e que debía ter xestionado xa Aquagest. Pola súa banda o Concello deberíalle a Aquagest o investimento realizado pola empresa, pero a custes de mercado e non aos establecidos unilateralmente pola concesionaria, é dicir, un importe de 864.501,64 €
Pois ben, a sentenza dá a razón de forma expresa ao concello nos tres fundamentos favorables e, o máis importante, lexitima e xustifica a necesidade de facer de novo a liquidación dende o ano 2001 aplicando os prezos corrixidos que propón a Intervención municipal. Por outra banda, si recoñece que o Concello debe pagar a Aquagest o importe dos investimentos realizados ao prezo fixado pola consultora da empresa, pero retirando o beneficio xeral e os gastos xerais, é dicir 1.556,251,03 € (en vez dos 864.501,64 € que lle recoñecía o Concello).
En canto ao resto das reclamacións realizadas por Aquagest no seu recurso contencioso, a sentenza négalle o dereito ao lucro cesante (229.965,01€) e que o Concello deba pagarlle o custe dos asesores legais e financeiros (97.661,90€).
Por outra banda, a sentenza recoñécelle a Aquagest o dereito a cobrar as liquidacións pendentes posteriores ao 2007 (o Concello non pagou ningunha liquidación trimestral a partir de 2012), pero aplicando os prezos derivados do contrato orixinal, polo que a débeda que Aquagest cuantifica en 1.026.653,71 €, quedaría nun importe lixeiramente positivo para o concello.
Outro tanto sucede coa débeda condonada por Aquagest no 2007 derivada da prórroga anulada do contrato, pois se ben esa débeda estaba estimada nuns 700.000€ polas liquidacións 2001-2007, o seu importe debe ser recalculado e xa está incorporado na liquidación reralizada pola Intervención municipal.
En resumo a sentenza recoñece que o Concello debe cobrar de Aquagest : 2.263.631,70€ + 762.246,10€ + 229.844,82€ = 3.255.722,62€ mentres que recoñece que Aquagest só debe cobrar do Concello: 1.556,251,03 €. as outras reclamacións ás que se lle recoñece dereito (a débeda condonada e as liquidacións posteriores ao 2012) deben determinarse en execución de sentenza pero cos prezos derivados do contrato orixinal de 1987, polo que resultan pequenas cantidades a favor do concello aínda sen determinar polo miúdo.
Redución do déficit coa xestión pública
O alcalde de Teo tamén lembra que a xestión pública do servizo dende outubro do 2015 ten deixado cifras de xestión moi positivas. "Mentres coa xestión privada de Aquagest o déficit do servizo superaba os 400.000 euros anuais nestes anos de xestión pública temos reducido este desfase en máis de 200.000 euros en cada exercicio".
Consulta aquí a sentenza completa
Attachment | Size |
---|---|
sentenza_viaqua.pdf | 950.05 KB |