O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Concello vén de remitir á Subdelegación do Goberno alegacións ao expediente que se está a tramitar para a apertura dun taller de fabricación de artigos pirotécnicos en Solláns (Calo), e que está en exposición pública no taboleiro municipal ata o 11 de agosto.
O proxecto prevé a instalación dun novo taller de pirotecnia no mesmo lugar no que hai máis dunha década explosionará causando graves danos materiais e un enorme perigo para as vidas humanas. A sorte evitou naquel momento desgrazas maiores, pero as deficiencias da lexislación vixente, tanto da Lei do Solo de Galicia como do RD 989/2015 que aproba o Regulamento de artigos pirotécnicos e cartuchería, provocan de novo a preocupación, a angustia e o medo na poboación máis próxima ás instalacións.
A Lei do Solo de Galicia permite a instalación deste tipo de talleres en calquera clase de solo rústico e o Real Decreto non fixa cantidade mínimas de almacenamento, polo que poñendo cantidades moi baixas de fabricación as distancias mínimas aos núcleos son ridículas.
As alegacións presentadas polo concello foron redactadas polos Servizos Técnicos municipais e inciden en distintos aspectos: en que a documentación presentada non contén todo o requirido no RD 989/2015, ou non de forma completa e actualizada), en que incumpre o anexo ITC9 en canto a emprazamento tanto nas distancias ás vías de comunicación como ás distancias mínimas aos núcleos de poboación, en que incumpre lexislación sectorial como a Lei 3/2007 de prevención e defensa contar os incendios forestais, e en algúns outros aspectos.
Ademais, na comunicación de traslado destas alegacións, a Alcaldía solicita á Subdelegación do Goberno que requira da Intervención Central de Armas y Explosivos ou dos técnicos competentes na materia, informe sobre a viabilidade e consistencia técnica do proxecto en relación coas cantidades de almacenamento propostas, xa que son inferiores en cen veces á capacidade de almacenamento do común dos talleres de pirotecnia establecidos na provincia, dado que este dato resulta clave á hora de fixar as distancias de seguridade con respecto aos núcleos de poboación e das estradas.
Attachment | Size |
---|---|
Alegacións pirotécnia Concello Teo.pdf | 3.54 MB |