O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Ábrese a inscrición para os servizos de madrugadores e de conciliación de tarde

| compartir:

O Concello abre a inscrición nos programas de conciliación que se ofertan nos colexios teenses: o servizo TeoMadruga e o TeoCoida que atende polas tardes.

 

TEOMADRUGA

PARTICIPANTES: alumnado dos CEIP públicos de Teo. Terán prioridade para a utilización deste servizo as familias empadroadas en Teo.

LUGAR: nos colexios de Calo, da Ramallosa e dos Tilos.

HORARIO: de 07:30 horas ata o comezo das aulas durante todos os días do período lectivo.


TEOCOIDA 1

PARTICIPANTES: alumnado do CEIP dos Tilos, que non obtivo praza de comedor. Terán prioridade para a utilización deste servizo as familias empadroadas en Teo.

LUGAR: no colexio dos Tilos.

HORARIO: de 14:00 a 15:15 horas (15:30 para casos xustificados) todos os días do período lectivo.


TEOCOIDA 2

PARTICIPANTES: alumnado dos CEIP públicos de Teo. Terán prioridade para a utilización deste servizo as familias empadroadas en Teo.

LUGAR: nos colexios de Calo, da Ramallosa e dos Tilos.

HORARIO: desde o remate do horario do comedor ata as 18:00 horas, todos os días do período lectivo.


 

INSCRICIÓN: a partir do 21 de agosto

DOCUMENTACIÓN

  • obrigatoria para todas as solicitudes:

    • Folla de inscrición.

    • Foto tamaño carné da crianza.

    • Fotocopia da tarxeta sanitaria da crianza.

    • Informe do especialista que corresponda en relación a enfermidades específicas ou discapacidades que precisen dunha atención específica, en especial os xustificativos de alerxia e/ou intolerancias (de ser o caso).

    • Documentación xurídica acreditativa en caso de separación, divorcio, violencia de xénero ou situacións análogas que indiquen a garda e custodia e o réxime de visitas (de ser o caso).

  • obrigatoria para acceder ás bonificacións:

    • Fotocopia do título de familia numerosa (de ser o caso).

    • Xustificación de familia monoparental (de ser o caso).

    • Xustificación do acollemento (de ser o caso).

    • Declaracións da renda do exercicio 2023 ou certificado negativo relativo á obriga de efectuar declaración do IRPF no que se faga constar os ingresos das persoas responsables legais.

  • documentación opcional:

    • Impreso de domiciliación selado pola entidade bancaria ou acompañado de xustificación documental da titularidade da conta.

TIPOS DE USUARIOS/AS

  • Usuario/a fixo/a: aquel/a usuario/a que se matricule e utilice o servizo de luns a venres, independentemente de que o utilice todos os días ou días concretos. Os/as usuarios/as fixos/as poderán escoller as seguintes frecuencias de utilización do servizo:

    • 1 día por semana

    • 2 días por semana

    • 3 días por semana

    • 4 días por semana

    • 5 días por semana

En caso dunha utilización do servizo distinta aos 5 días da semana, os días de utilización deberán ser días concretos previamente sinalados.

  • Usuarias/os ocasionais: aquel/a usuario/a que non está matriculado como usuario/a fixo/a e que, habendo praza, desexe utilizar o servizo en días soltos de forma ocasional.

PREZO PÚBLICO

  • Usuarios/as fixos/as:

    • No caso do Teomadruga, o prezo mensual polo servizo de gardería e almorzo é de 50 € por cada usuario ou usuaria ao mes.

    • Tanto no Teomadruga como no Teocoida, a utilización do servizo de gardería terá un prezo mensual de 40 €.

    • No caso de utilización do servizo por días soltos o curso será do 25%, para cada día, da cota que lle correspondería do prezo mensual para todos os días lectivos.

  • Usuarios/as ocasionais:

    • O prezo pola prestacións do servizo de gardería será de 3,50 €. No caso do Teomadruga se inclúe o almorzo será de 4 €. Neste caso non se aplicarán as exencións e bonificacións excepto que servizos sociais de Teo, informe de xeito excepcional da incapacidade económica da unidade familiar.

PAGAMENTO

O pago realizarase a mes vencido podendo aqueles usuarios/as que o desexen domiciliar este pagamento.

Aqueles usuarios/as que desexen domiciliar deberán presentar no Rexistro Xeral do Concello o impreso de domiciliación, cumprimentado e selado pola entidade bancaria ou acompañado de xustificación documental da titularidade da conta. Poderá domiciliar o recibo no momento da inscrición ou en calquera momento posterior.

A aqueles usuarios/as que non domicilien o pagamento remitiráselles o correspondente documento de pago para que procedan a efectuar o pagamento nas datas sinaladas no propio documento, nas Entidades colaboradoras que se establezan no propio documento e na banca electrónica (en caso de ser cliente de ditas Entidades). 

Así mesmo, pode realizar o pagamento a través da pasarela de pagos que o Concello de Teo ten coa Entidade financeira Abanca no seguinte enlace (https://ovt.teo.gal/portalCiudadano) dentro do apartado pago telemático/pago de recibos/liquidacións. Para o pago poderá utilizarse unha tarxeta de débito ou crédito de calquera entidade financeira. Para realizar os pagamentos por este procedemento debe introducir os datos dos campos emisora, referencia, identificación e importe, que aparecen no documento de pagamento. A plataforma de pagamento pediralle toda a información necesaria.

EXENCIÓNS E BONIFICACIÓNS

As recollidas no artigo 6 da Ordenanza reguladora do prezo público pola utilización dos servizos de conciliación da vida laboral e familiar (BOP núm. 160, do 24 de agosto de 2021).

NORMAS DE XESTIÓN E INGRESO

  • Os usuarios/as fixos/as para darse de baixa deberán comunicalo por escrito no Rexistro Xeral do Concello ou a través da Sede Electrónica. A baixa provoca a extinción da obriga de pagamento sempre que se faga cunha antelación mínima de cinco días hábiles ao remate do mes anterior en que a baixa xurdirá efectos. No caso de baixas no medio dun mes en curso, as comunicadas entre o día 1 e 15, darán lugar ao pagamento do 50% da mensualidade. As comunicadas con posterioridade ao día 15, o pagamento será da mensualidade completa.

  • Os usuarios/as fixos/as poderán variar a frecuencia de utilización do servizo sempre que a organización do servizo o permita e o soliciten mediante escrito motivado presentado con antelación de sete días naturais.

  • O uso do servizo de xeito ocasional deberá ser avisado o día anterior á empresa (no caso de días laborables), ben presencialmente, ou ben no teléfono ou enderezo electrónico que lles facilitará a empresa, de luns a venres en horario de 7:30 a 20:00 horas.

  • A ausencia esporádica ou continuada dun servizo non exime da obriga de pagamento e non dá dereito á devolución das cotas. A ausencia inxustificada dun mes producirá unha baixa automática no servizo, e a obrigatoriedade do pago do mes.

  • No caso dunha ausencia xustificada manterase a praza, coa obriga de seguir facendo o pagamento da cota íntegra que se viña pagando.

     

MÁIS INFORMACIÓN

  • Servizos Sociais: 881819356 (de luns a venres, de 9:00 a 14:00 h).

  • BOP núm. 213, do 14 de decembro de 2020.

  • BOP núm. 160, do 24 de agosto de 2021.