O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
RESULTADO DO PROCESO SELECTIVO PARA A CONTRATACIÓN DE DÚAS PERSOAS COMO PEÓNS DE OBRA PÚBLICA PARA O CONCELLO DE TEO
En virtude dos resultados obtidos, e de acordo coas bases que rexen a convocatoria, o tribunal propón á Alcaldía a contratación de D. Manuel Regueiro Ferreira e de Dª. Tamara Sánchez Ribadas como peóns de obra pública para o Concello de Teo ao abeiro da concesión de subvención da Excma. Deputación de A Coruña, Programa PEL-CONCELLOS 2024, de axudas á contratación de persoal para a execución de obras e servizos municipais nos concellos da provincia, incluído na Liña 1.1 do Plan de emprego local (PEL) (BOP nº 206, de 27/10/2023).
Seguindo a Base sétima das que rexen a convocatoria, as persoas propostas deberán presentar, ata o 30 de xullo de 2024, a documentación actualizada indicada nesa base.
Publicado en teo.gal o 24 de xullo de 2024.
RESULTADO DO PROCESO SELECTIVO PARA OCUPAR DOUS POSTOS DE OFICIAL DE 1ª DE ALBANELERÍA PARA O CONCELLO DE TEO (PEL CONCELLOS 2024).
En virtude dos resultados obtidos, e de acordo coas bases que rexen a convocatoria, o tribunal declara deserto o proceso selectivo para a contratación de dúas persoas como oficiais de primeira de albanelería para o Concello de Teo
Publicado en teo.gal o 24 de xullo de 2024.
Publicación da baremación de méritos no proceso selectivo para ocupar dous (2) postos de peón de obra pública e dous (2) postos de oficiais de 1ª de albanelería para o Concello de Teo (PEL CONCELLOS 24).
Así, as persoas aspirantes para o posto de peón de oficial de albanelería están chamadas para a realización da fase de oposición nos seguintes lugares e horas:
Doutra banda, as persoas aspirantes para o posto de peón de obra pública están chamadas para a realización da fase de oposición nos seguintes lugares e horas:
Publicado en teo.gal o 22 de xullo de 2024.
---- x ----
Publícanse as listas definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para ocupar dous (2) postos de peón de obra pública e dous (2) postos de oficiais de 1ª de albanelería para o Concello de Teo (PEL CONCELLOS 24).
Convócase ao tribunal para o luns 22 de xullo de 2024 na Casa Consistorial, co obxecto de proceder á baremación dos méritos achegados polas persoas aspirantes admitidas nos procesos selectivos, ás seguintes horas:
.- Peón de obra pública: 09:00 horas
.- Oficial de primeira de albanelería: 09:30 horas
---- x ----
Publícanse as listas provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para ocupar dous (2) postos de peón de obra pública e dous (2) postos de oficiais de 1ª de albanelería para o Concello de Teo (PEL CONCELLOS 24).
As persoas aspirantes excluídas, así como, no seu caso, as omitidas na relación de persoas admitidas ou excluídas, disporán dun prazo de tres (3) días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación da presente resolución no taboleiro de anuncios do Concello para reclamacións ou subsanación de defectos.
Os/as aspirantes que dentro do prazo sinalado non subsanasen a exclusión ou non alegasen a omisión, xustificando o seu dereito a seren incluídos na relación de admitidos/as, serán definitivamente excluídos/as do proceso selectivo. De non se presentar reclamacións ou subsanacións dentro deste prazo, a lista provisional de persoas admitidas e excluídas elevarase a definitiva.
Este programa está subvencionado pola Deputación da Coruña.
---- x ----
Corrección das bases que rexerán a convocatoria dos procesos selectivos para a contratación de 4 persoas desempregadas ao abeiro do programa PEL Concellos 2024.
O prazo de presentación de instancias é de dez días. O prazo esténdese do 1 ao 12 de xullo de 2024.
Publicado en teo.gal o 4 de xullo de 2024.
---
A Resolución da Alcaldía nº 774/2024, de data 24 de xuño de 2024, aprobou as bases que rexerán o proceso selectivo para a contratación de 4 persoas desempregadas.
Oficial/a de albanelería. 2 persoas. Xornada completa. 5 meses e medio e no seu defecto ata o 31 de decembro de 2024.
Peoa/peón de obra pública. 2 persoas. Xornada completa. 5 meses e medio e no seu defecto ata o 31 de decembro de 2024..
As bases dos procesos selectivos atópanse publicadas no taboleiro de anuncios da Casa do Concello, no portal da sede electrónica do Concello de Teo (https://sede.teo.gal/gl/) e na web municipal ( www.teo.gal). Podes consultalas premendo aquí.
O prazo de presentación de instancias é de cinco días. O prazo esténdese do 1 ao 5 de xullo de 2024.
Publicado en teo.gal o 28 de xuño de 2024.
Attachment | Size |
---|---|
1.Anuncio publicación Bases.pdf | 124.38 KB |
2.Resolución bases.pdf | 182.73 KB |
3.Anexo II_Instancia_Oficiais_albanelería.pdf | 91.21 KB |
4.Anexo II_Instancia_peoa_peon_obra_pública.pdf | 91.49 KB |
5.Anexo III.pdf | 72.6 KB |
decreto corrección bases pel 24 (2).pdf | 259.41 KB |
lista albaneis asinada.pdf | 83.65 KB |
lista peons asinada.pdf | 86.98 KB |
Lista definitiva albaneis.pdf | 131.48 KB |
Lista definitiva peóns taboleiro.pdf | 85.47 KB |
cadro baremación PEÓN_0.pdf | 44.06 KB |
cadro baremación OFICIAL_0.pdf | 62.05 KB |
Resultado final albaneis taboleiro.pdf | 41.72 KB |
Resultado final peón taboleiro.pdf | 44.15 KB |
ACTA EXAMEN PRÁCTICO 24072024 albaneis.pdf | 65.49 KB |
3 ACTA VALORACIÓN MÉRITOS ALBANEIS 22072024.pdf | 72.57 KB |
ACTA EXAMEN PRÁCTICO 24072024 peons PEL.pdf | 1.02 MB |
ACTA VALORACIÓN MÉRITOS PEÓNS 22072024.pdf | 62.43 KB |